Saturday 04 de May de 2024

A Coruña marcha pola diabetes


 

O edil de Deportes, Juan Antonio Borrego, presentou esta mañá a IV Marcha Popular pola Diabetes que se realiza este domingo ás 12.00 horas, organizada pola Fundación de Endocrinoloxía e Nutrición Galega e o CHUAC

O edil de Deportes, Juan Ignacio Borrego, e a xefa do servizo de Endocrinoloxía do CHUAC, Teresa Martínez Ramonde, presentaron esta mañá en María Pita a IV Marcha Popular pola Diabetes que se realizará este domingo ás
12.00 horas organizada polo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e a Fundación de Endocrinoloxía e Nutrición Galega.

A carreira, que sairá ás 12.00 horas da Casa da Auga e discorrerá polo paseo marítimo ata a rotonda dos surfistas e volta, pretende visibilizar e chamar a atención sobre unha patoloxía cuxa incidencia vai en aumento e que ten moitas implicacións familiares, así como a importancia que ten facer exercicio físico e cambiar hábitos na alimentación.
O edil de Deportes, Juan Ignacio Borrego animou a todas as coruñesas e coruñeses a participar na carreira: “o domingo temos unha cita deportiva que nos incumbe a todos, unha marcha á que convocamos a pequenos e a grandes porque nesta loita por darlle visibilidade á enfermidade é importante que as novas xeracións saiban dela e a preveñan”.

Pola súa banda, Teresa Martínez, lembrou que os fondos recadados a través da venda de camisetas serán destinados á Fundación Diabetes Cero para a investigación sobre a enfermidade. A organización calcula que aproximadamente 200 persoas, entre nenas e nenos e maiores, “enfundarán a camiseta pola diabetes”.

Para conmemorar o Día da Diabetes cuxa efeméride se celebra hoxe, a Casa da Auga acollerá unhas sesións informativas nas que as persoas expertas asesorarán sobre distintos aspectos da enfermidade. Estas actividades  son para o sábado 16 de novembro

Ademais, haberá un espazo para as nenas e nenos con inchables ás 17.00 horas e poderán gozar de talleres de cociña nos que tamén poderán participar as persoas adultas. Ás 18.30 horas está prevista unha exhibición da Policía Local, onde as/os nenas/os poderán interactuar cos axentes e subirse aos seus vehículos. E, por último, ás 19.30 horas, haberá unha exhibición canina a cargo de Octavio Villazala do centro canino Montegatto.